sábado. 07.06.2025
Vilamartín

O inicio do "Grupo" de Vilamartín rememorado nun xantar

Profesores e alumnos da primeira agrupación escolar que xurdiu en Vilamartín hai case 40 anos reuníronse en torno a unha mesa para recordar tempos de vida estudantil.

Corría o ano 79 cando cinco mestres recen saídos da universidade apeáronse, ou mellor dito, tomaron o tren da súa vida profesional nunha nova agrupación escolar que nacía en Vilamartín e que agrupaba a todos os nenos do concello. Catalina Cotado, Angeles Trincado, Luisa Mª Arias, Rosario Rodríguez Jato e Isauro González foron cinco deses mestres que impartiron clases aquel primeiro ano a nenos que maioritariamente provintes de Córgomo, San Vicente e da capitalidade, coma nos dixo Ángeles Trincado, Gelines, unha daquelas primeiras profesoras.

A Agrupación Escolar de Vilamartín xurde da incomodidade que supón para os rapaces trasladarse a veciña localidade da Rúa e precipítase a decisión do seu retorno a Vilamartín, a raíz do fatídico accidente que sofren os escolares nun destes desprazamentos como nos recordaba José Luis Ferrer, que cursou estudos na escola unitaria de Vilamartín, logo na agrupación escolar da Rúa para rematar a primaria no novo colexio.

O comezo do centro educativo non foi doado, coma nos recordaba Catalina Cotado, Cati, xa que a premura por dar comezo as clases no novo colexio a medio rematar uníase a inexperiencia do novo profesorado, “non sabíamos o que era unha escola, éramos catro persoas recen saídas que non tíñamos nin idea. Recordo que a primeira reunión de profes, coma a escola non estaba montada, fixémola na acera, na viña, porque non tíñamos onde reunirnos. Había que elixir  a un director e facer as cousas que nos dicían desde Ourense pero non sabíamos como ia aquilo. Agora, o que teño que dicir, é que os profes dos colexios  da zona axudáronos moito, porque nos non sabíamos de que ia a cousa. Hoxe é un momento moi emocionante por reunirnos alumnos e profes”.

Inda que con so cinco anos de diferenza, nalgúns casos entre mestres e alumnos, cada un tiña moi claro o bando no que estaba. Mentres o novo e inexperto profesorado enfrontaba o reto con respeto, os alumnos festexaban o plantel que lles tocara. Así, Ferrer recordaba,  “os profes eran moi majos e moi jóvenes, recen saídos da Universidade”.

Os recordos agólpabanse na cabeza de todos eles pero non sería posible estalos comentando no xantar celebrado o pasado 16 de xullo si non fose polo encontro entre José Luis Ferrer, un daqueles nenos e o seu profesor Isauro, así o contaba Ferrer , “estando en Ourense nun paso de cebra, ven un señor de fronte cara a min, eu pensei que se quería quedar comigo..., e pregúntame, tu es Ferrer de Vilamartín?, respostolle que si, e dime: non me coñeces? Eu son Isauro e dinche clase a ti alí polo ano 79/80. Fisicamente non o coñecía despois de trinta e pico anos quen ia a pensar que o teu antigo profe te coñecese?”.

Pola contra Isauro recoñeceunos a case que todos e contounos como chegou a dar clases en Vilamartín, “estiven aquí hai trinta e tantos anos, foi a miña segunda escola. Era unha época de moita ilusión, un traballa con moitas ganas. Inda que estiven aquí pouco tempo collinlle cariño a xente e a zona. Acórdome de aqueles rapaces, especialmente cos que tiven maior contacto, porque eran mais traviesos ou por aplicados”. Sigue Isauro dicindo, “hai tempo xa se me ocurrira contactar con xente de aquí para facer isto, pero coincidiu que encontrei a Ferrer en Ourense e ademais que acabo de xubilarme e, organizamos todo isto”

Puxéronse mans a obra e falaron con Gelines a actual directora do CEIP José Manuel Folla Respino de Vilamartín e unha das xóvenes mestras que poñía en funcionamento aquel primeiro colexio. Revisou a antigas actas e púxose en contacto cos compañeiros, mentres que Ferrer reunía ós alumnos. Recordábanos Gelines que era o primero destino de case todos eles, que se atoparon con moitos  alumnos e tamén con moitas ganas de traballar.  “Cuando me comentaron los chicos, hombres ya hoy , que querían hacer esto me puse a revisar las actas antiguas, ellos se pusieron en contacto con los compañeros que pudieron localizar  y yo con los profesores. Fue el primer grupo escolar como le llamaban entonces. Estuvimos dos años abajo, donde está hoy el Centro de Salud y luego ya subieron para Valdegodos.  Yo entonces marché a otro destino, pero regresé hace 20 años y estoy aquí de directora desde entonces”, reseñaba Gelines.

O que mais me sorprendeu de todas as conversas mantidas, foi que Isauro recordara todos os nomes despois de tantos anos. Recordos dunha época pasada que segundo di o refrán calquera tempo pasado foi mellor, este seguro polo que nos contaron, que así foi.

O inicio do "Grupo" de Vilamartín rememorado nun xantar