Mais de seiscentas persoas xuntáronse en Correxais, na tarde noite do 13 de abril, para beber o bo viño das terras altas de Vilamartín edar conta da grande variedade de pinchos que se ofrecían nas adegas participantes. Tortilla, xamón asado, empanada, pementos, chourizo, salchichón, callos, bolo preñado, xamón pantumaca, tortilla rechea, patacas alioli, orella a feira, sopas de allo, biscoito, doces caseiros, foron algúns dos pinchos que degustaron os asistentes.
Un total de 13, foron ó final, o número de adegas que participaron nesta oitava edición da Ruta dos viños de Correxais.
O longo da ruta, o grupo Pándega amenizou, co son de gaitas, acordeón, bombo e demais instrumentos, unha calorosa tarde de primavera na que os grolos de viño baixaban polas gorxas sen dar respiro.
Ao remate, festa rachada con un DJ que fixo bailar e brincar os que aínda o corpo lles respondía.
Por parte da organización, tanto Manolo coma Miguel, aseguraron que, ”foi un éxito tanto de participación como de axuda por parte dos veciños”.
[df-caption title="Miguel e Manolo dous dos organizadores da Ruta" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_correxais_festa_viño_2017_04_13-23.jpg"]