Na sala Conde Torino de Córgomo inaugurouse na tarde do sábado 3 de decembro, a quinta edición de Córgomo Arte que este ano leva o título “Corpora Prima”, corpos primarios. Silvia Fiallega Lorenzo, a comisaria de Córgomo Arte 5, definiuna “coma una experiencia catártica, liberadora que pretende afondar no noso vencello coa terra, coa forza xerminadora da natureza. Telúricas, primitivas, as esculturas agroman da terra como a semente orixinal”.
A obras de arte móstranse en tres salas comunicadas e, por todo o redor da casa. Integrase a natureza co inmoble, todo interactúa, todo é arte.
Segundo Torino a man de Fiallega e o seu saber aprécianse nesta exposición na que todo o que se mostra ten o seu lugar axeitado. “Os outros anos nos colocábamos as pezas como nos ía parecendo que quedaban mellor, pero este ano Silvia, metro en man non deixou nada ó azar. Todo está colocado para que se luza mellor”.
No acto inaugural tamén estivo presente María Encarnación Lago González, xerente da rede de museos de Lugo que valorou a grandeza do alí exposto e recordou que Conde e Torino xa realizaran una mostra o pasado verán no Pazo de Tor con esta denominación.
A sala Conde Torino estará aberta os sábados e domingos de 10:00 a 22:00 horas hasta o 8 de xaneiro. Poderanse ver obras dos artistas Alba Aizpuru, Cochorro, Manuel Conde, Crystilandia, Brais F. Vizcaya, Patricia Fernández Paz, Jaigarr, Victorino Núñez “Torino”, Mercedes Paz Pérez, Carina Rodríguez y Laura Varela. A entrada é gratuita