Arranca o terceiro día de festas en Petín coa alborada de Airiños de Portela polas rúas do pobo. Hoxe festivo local é o día grande, porque en Petín hai patrón —Santiago— e patroa , Santa Ana.
As 12:30 procesión e misa cantada polo coro da igrexa de Petín na honra a Santa Ana e San Xoaquín. Logo da misa non puido faltar o vermú na praza, desta coa orquestra Nevada Band.
A tarde segundo reza o programa festeiro, e así o confirmou o seu alcalde a este medio, inchables xigantes nas piscinas municipais, «para que gocen nenos e maiores».
A partir das 16:30 horas X campionato de tute, no día de hoxe será o Bar Coxita o encargado de que se lle aire as cartas.
As 20:00 partido de fútbol entre solteiros e casados, un clásico de toda festa que se prece. Este ano, coincidindo co 50 aniversario do Club Deportivo Petín, estará adicado a Rafael Sixto o do conxunto petinés, que finou vai uns meses.
Xa á tardiña, a partir das 21:30 a orquestra Nevada Band, amenizará a festa e tamén a verbena ate altas horas da madrugada.