sábado. 07.06.2025
Terras de Trives

Unha semana ateigada de deporte na Pobra de Trives

A semana do 20 ao 26 de agosto, a Pobra de Trives estivo pragada de deporte. Ésta comezaba co inicio do Torneo de Futsal o martes 21 —que rematou o sábado 25— para continuar co Curso de Defensa persoal os días 22 e 23 deste mes.

Despois da fase previa eliminatoria que se desenrolou ao longo da semana, o día 25 chegou a fase final e o acto de clausura do Torneo de Fútbol Sala da Pobra de Trives. Neste día o pavillón municipal ateigouse de espectadores impacientes por saber quen sería o equipo gañador en cada categoría. Finalmente o vencedor en júnior foi o conxunto Penetubies e na categoría sénior resultou triunfador o equipo Cubiertas Gelasio.

Pero non só houbo premios colectivos, senón que se entregaron tamén trofeos ao mellor xogador —recibido este ano por Adrián Pousa do Vamosalomás F.S.— e ao mellor porteiro —Alex Álvarez do Cubiertas Gelasio—. Todos os galardóns foron outorgados polo alcalde da Pobra de Trives, Domingo Diéguez.

Asimesmo, o público non saíu coas mans baleiras, xa que tamén houbo un sorteo de rifas. Nél sorteouse unha camiseta do Sporting de Manzaneda, e unha cea para dúas persoas na Cantina do Catro.

O outro evento deportivo, o Curso de Defensa Persoal, estivo organizado por Javier Diéguez. Neste curso os 15 asistentes puideron aprender técnicas e movementos sinxelos desta disciplina. Ademáis, o proxecto tivo unha parte solidaria, pois coa inscrición, cada asistente doaba un xoguete para axudar aos nenos máis necesitados.

Unha semana ateigada de deporte na Pobra de Trives