jueves. 30.03.2023
Petín

Xuntanza de folións en Petín

Petín enche as súas rúas co son dos bombos como antesala ó Entroido. O sábado 3 de febreiro Petín recibiu a visita de tres folións da provincia para celebrar a Xuntanza de Folións como é tradicional dende hai uns anos. O folión da Veiga, da Gudiña e da veciña localidade de Vilamartín acudiron a quedada en Petín. O tempo deulles tregua, xa que mentres estiveron os grupos polas rúas a choiva remitiu, aínda co frío si se deixou sentir.

Esta é a segunda saída do folión polas rúas petinesas, a primeira foi o pasado xoves para celebrar os Compadres e darlle un pouco de animación o pobo, pero non puideron rematar o percorrido xa que a choiva impedíullelo.

O próximo xoves, o de Comadres, o folión volverá a saír e tamén o sábado, domingo e martes de Entroido. Tamén ten previsto esta agrupación desprazarse a outros pobos parta deixar ouvir o seu son. A Rúa, Viana, Vilamartín, Carracedo da Serra ou A Veiga, serán algunhas das poboacións as que se encamiñen. Nuns casos para participar nos desfiles de Entroido, e noutros para devolver a visita os folións que nesta xuntanza se achegaron a Petín.

Folión de Petín

 

Fulión da Veiga. O Son de Trevinca

 

Folión de Carracedo da Serra

 

Os Viticultores. Vilamartín

Comentarios
Xuntanza de folións en Petín