lunes. 09.06.2025
Petín

Calor e moito que ver, beber e comer na Feira de 1812 de Petín

Baixo un sol de xustiza arrancou a Feira de 1812 en Petín co pregón a cargo de María Antonia Vazquez Díaz, docente  da Universidade de Oviedo. Quedan por diante dous días de festexos e diversión para conmemorar dun xeito especial a Constitución de Cádiz. Actividades para os nenos con un tren que percorre toda a Feira, concentración de cabalos, exposicións de bonsais e radios antiguas, fragua e moitos oficios da época.

Pregón costumista de María Antonia Vázquez

Maria Antonia Vázquez Díaz “A Nena”, foi presentada por Juan José Rodríguez “Chavito”, quen deu un repaso a traxectoria profesional da pregoeira.

Maria Antonia, nada na Coruña, chegou a Petín, como ela mesma recordou, no ano 1970 da man do seu Marido José Díaz, “O Mediquillo”. Vázquez o traveso da súa propia historia retratou a vida e costumes dun pobo que como ela mesma asegurou “es un pueblo de acogida, no de rechazo, sus gentes son camaradas a los que les gusta hablar, viven y dejan vivir y no les gusta que les compliquen la vida. Si quieres hacerlo hazlo pero a mi déjame tranquilo”.

Por este pregón pasaron algúns alcumes os que son tan dados os petineses que, como ben dixo Vazquez ” en este pueblo todas las familias tienen un mote, un apodo, algo que los identifica, pero no peyorativo, no insultante; cariñoso. Son nombres que han hecho a un pueblo”. Así entre outros sinalou os da propia familia do seu marido que por un lado son Periquitos e polo outro Mudos, pero tamén se nomeo aos Xudas, A Caleca, O Peque, O Dito, O Querol, O Pirinolas, O Chancanchán, O Maduro, A Queridiña, O Zurdo e moitos máis. As veces estes alcumes veñen dunha característica persoal, outras da familia e outras do propio nome da persoa. O que é certo e que en Petín se non tes alcume póñencho.

Recordou a personaxes singulares coma O Corbatas ou O Chaves, tamén a maneira de socializar o traveso dos xogos de cartas, as chapas, o chateo ou a tertulia no bar, as parolas na praza.

“ Dicen que Petín é un pobo festeiro e pouco traballador, o que somos é alegre s y estamos orgullosos de ser de aquí”. Resaltou que en Petín ninguén é forasteiro e que se hoxe chegaran os franceses non pelexarían senon que se quedarían a vivir para sempre, xa que o carácter dos petineses e de acollida.

Rematou o seu discurso con un “Petín pita y seguirá pitando”.

 

Un paseo pola Feira

Antes de adentrarnos na parte máis antiga e de coller camiño da igrexa podemos ver un carro dos bois de Mario cunha lousa no seu costado que pon Chao da Casa —aldea da provincia de Lugo berce dos seus ancestros e onde comezou a súa paixón polo gando—

A medida que vamos camiñando pola rúa cara o corazón da feira atopámonos con unha botica, o posto dos bos embutidos de Carnicería Murias, a arte dunha Petinesa afincada en Oviedo. Parada obrigada na fragua onde Tino e Ignacio forxan o ferro.

Seguimos, e nunha larga ringleira o longo do lateral da igrexa están os postos das adegas, este ano hai 15, e falta farán xa que a previsión do tempo e de moito calor . A cantina é a seguinte parada, para tomar un churrasco cando caia a noite. Os xabóns artesáns de Tere e o posto da AACC contra o Cancro onde se atopa Merce.

Seguimos rúa abaixo para atoparnos a Torino facendo coa madeira verdadeiras obras de arte, ou a Corte do Macho con máis de 5000 botellas de cervexa procedentes de todo o mundo.

Castora ofrécenos colares e xoias feitas con cápsulas de café, e o longo do recorrido atopamos os bonsais de Lazaré e Dani, o bacallau portugués, os doces de Luci ou os de Leti, colección de todo tipo, un posto das Voluntarias da Caridade , maquetas de barcos, coleccións de radios antigas..., mellor pasarse por Petín entre o 23 e 24 de xuño e ver todo o que se ofrece.

 

Calor e moito que ver, beber e comer na Feira de 1812 de Petín