A «Ruta entre Castros e Penedos» descubriu ós camiñantes, cruceiros, pazos e igrexas das Terras do Bolo
A camiñada organizada polo grupo «A Torre da Homenaxe de O Bolo» contou con participantes da Rúa, O Barco, Ponferrada e O Bolo, que recorreron a ruta circular de 15 quilómetros, por incribles paraxes.
Os case que medio cento de camiñantes saíron desde dous puntos: un no Bolo e o outro en Cambela. Os que saíron do Bolo fixérono desde o restaurante Volóbriga ás 9:00 horas, para dirixirse a Cambela, onde se uniron ao resto de participantes para, desde as portas do Bar Murias iniciar o percorrido.
Partindo de Cambela dirixíronse cara Celeirós e desde aquí a Chao do Castro, onde contemplaron o cruceiro cuxa singularidade é o seu peto de ánimas e tamén o remate en cruz que ten a mesma simboloxía que o cruceiro do atrio do santuario das Ermitas, segundo sinalaron desde a organización.
Tras esta parada para visitar o cruceiro, os andantes dirixíronse os seus pasos a Valdanta, sin chegar a entrar neste pobo xa que o cruce de camiños leváronos a Valbuxán, lugar onde se detiveron para visitar o seu pazo. Desta edificación en ruínas cabe destacar, o escudo de armas na fachada da capela, o campanario e a galería de madeira. Chamou a atención dos camiñantes un pombal que conservaba as celas onde se guarecían as pombas.
Despois de repoñer forzas, cun tente en pé ou cun bocadillo, arrancaron dirección Vilaseco. «Si te metes polo monte descobres unhas vistas impresionantes do santuario das Ermitas, vese de fronte e desde enriba. Tamén se vei desde este punto, O Bolo, Trevinca, Cabeza de Manzaneda ou o val do Sil o seu paso pola Rúa», asegura Isabel Barrio, unha das organizadoras.
En Vilaseco tamen visitaron a igrexa, desde onde tomaron o camiño descendente cara Casasola, un barrio de Cambela que posúe unha capela cuxa campá data do século XV. Está sitiada nunha vivenda particular.
E xa en Cambela dirixíronse o punto de partida, o bar Murias, onde desfrutaron dunha ben merecida comida. Entremeses variados os que non faltou o chourizo, salchichón e xamón da empresa da localidade «Jamones curados Cambela». Na mesa non faltou a tortilla e a costela de porco asada acompañada polo pan de Panadería O Bolo, quen tamén fixo as empanadas .
A próxima saída está prevista para maio aínda que, de momento non teñen clara a ruta. Do que si están seguros os integrantes do grupo da Torre da Homenaxe do Bolo é que , un ano máis, o 17 de agosto terán a súa saída nocturna.
Desde a organización agradecen a participación e tamén a colaboración dos catro membros de Protección Civil do Bolo.
Fotos de José Rodríguez Pérez organizador da ruta e Protección Civil O Bolo