domingo. 08.06.2025
O Barco

Xosé Santos: «Marcos transmite unha mensaxe de amor pola Natureza»

O VI Ciclo De Perto acollía onte na Casa Grande de Viloira, a ponencia de Marcos Rodríguez Pantoja, o coñecido coma neno lobo de Sierra Morena. O seu acompañante, Xosé Santos, da Asociación de Amigos das Árbores da Limia, explicaba, antes da intervención de Marcos, que realmente «estamos a falar dun caso único quizáis no mundo, porque Marcos conseguiu adaptarse ao medio e sobrevivir, o que demostra a súa intelixencia, e ademáis escoller Galicia, más concretamente unha aldea de Ourense, coma o seu refuxio».

Sendo adoptado por unha manada de lobos e convivindo con eles dende os 6 ata os 19 anos, Marcos tivo que enfrentarse ao mundo moderno, sufrindo «discriminación, incomprensións ao longo da súa vida». Porque Marcos é tal cual pode verse, sen nada máis superfluo, natural cando se dirixe á xente que o escoita. Quen mellor que él para transmitir unha mensaxe de «amor pola Natureza e polos animais, de conservación e de coidado».

Na intervención de onte, á que asistiu toda clase de público de tódalas edades, Marcos mostrou unha vez máis a conexión tan especial que pode chegar a ter coa audiencia que o foi a escoitar.

Se queres saber máis de Marcos Rodríguez Pantoja, escoita a entrevista completa que mantivemos co seu acompañante, Xosé Santos, horas antes da intervención no De Perto:

 

Xosé Santos: «Marcos transmite unha mensaxe de amor pola Natureza»