María José Gonzalez, directora do Centro e Fani García relataron os proxectos que esperan realizar este curso no centro educativo
O comezo dun novo curso sempre implica cambios: de clase, de compañeiros ou mesmo de profesores. Substitúese a festa e a piscina polos libros; o durmir hasta que un farta, polo son do espertador. Segundo nos contou María José González, directora do colexio Divina Pastora do Barco, cando fomos facerlles unha visita ao comezo do curso, os nenos polo xeral chegan contentos ao colexio. «Alegría do reencontro cos compañeiros, moitos deles non se viron durante o verán. Tamén hai nervios nestes primeiros días; novos titores, profesores, cambios de etapa —hai nenos que pasan de infantil a primaria— », relatou González.
Fani García, xefa de estudios, sinalou que o ano escolar que comeza vai ser de afianzamento de proxectos, xa que son moitos os que se comezaron en anos anteriores. O eixo vertebrador dos proxectos que se realizarán durante o ano estará moi relacionado co lema elixido para este curso, «escoita dentro de ti». «O que queremos tratar de conseguir e propiciar eses momentos de silencio, de reflexión; que pensen antes de falar e actuar. Baixar un pouquiño o ton de voz e tamén propiciar o autocoñecemento e a autoestima, esas cousas que son tan importantes hoxe en día como mirar cara afora. Primeiro hai que mirar cara dentro, coñecerse a si mesmos para logo actuar, falar, facer…», subliñaba Fani.
O coidado do
medioambiente é moi importante neste colexio, e si outros anos fixeron fincapé
na reciclaxe do papel este ano a actuación vai a ser noutros sensos. O aforro
da auga ou da luz serán de outros dos campos nos que van traballar. Van colocar paneis
solares buscando un pouquiño ese coidado enerxético.
Sen dúbida onde
máis se van empregar é, na reciclaxe dos plásticos. «Vamos reciclar plástico tan contaminante
ultimamente. Hai un montón de campañas neste sentido: fomentar a reciclaxe de
pilas non só o papel que eles están máis concienciados. Seguir traballando e
afianzar a conciencia colectiva,
traballamos para preservar ese futuro e eles tamén forman parte del»,
recalcaba a directora.
Se queres escoitar a conversa mantida con Maria José González e Fani García, fai click na seguinte ligazón:
Nesta visita ao Colexio Divina Pastora do Barco, tamén tivemos tempo pra falar co alumnado. Como pasaron o verán, cal é a súa asignatura preferida, como se chaman os seus amiguiños ou o lugar onde foron de vacacións son algunhas das preguntas as que nos contestaron. Se queres escoitalas dálle click na seguinte ligazón: