O CEIP Otero Pedrayo de Viloira estrea este curso patio ampliado e con el, dous espazos reservados para facer hortas para o alumnado. Esta ampliación do espazo de xogo do centro era unha das reivindicacións do centro barquense dende hai tempo e a directora, Remedios Arias, asegurou que facer as hortas son a primeira iniciativa que teñen en mente para poñelo en valor. Segundo explicou, serán dúas hortas, unha para os rapaces de infantil e outra para os de Primaria.
A dirección do centro propuxo reservar este espazo á creación de dúas hortas
Aparte deste achegamento práctico ó agro e á orixe dos alimentos, este curso implantan no centro unha experiencia piloto para facer a clase sen libros de texto, empregando unha tablet e un programa educativo que permite facer un seguimento pormenorizado de cada alumno. Entre as excursións que planean para o curso, teñen unha á Madrid para visitar as instalacións da Garda do Palacio Real e outra ó Parque Nacional de Doñana.
Este centro foi hoxe o protagonista da sección Menuda Tropa de Radio Valdeorras - Onda Cero. Ademais da directora, pasaron polos micrófonos da radio os escolares para comentar este inicio de curso.