jueves. 28.03.2024
O Barco

Máis de 150 participantes na andaina solidaria de Cruz Vermella no Barco

O prezo da inscrición foi de 6 euros e incluía un boleto para o Sorteo do Ouro de Cruz Vermella

A andaina celebrada na mañá do 16 de agosto foi unha máis das actividades realizadas por Cruz Vermella Valdeorras, para recadar fondos. Con cada inscrición entregouse un boleto para participar no Sorteo do Ouro que a organización realiza a nivel nacional, chegadas estas datas.



A a marcha iniciouse no Paseo do Malecón, na veira do río Sil, ás 9:30 horas. Os 150 camiñantes que tomaron á saída tiveron a opción de participar nun percorrido curto, de dificultade baixa; ou noutro máis longo, de dificultade media. En ámbolos dous houbo zona de avituallamento.

O prezo de inscrición de 6 euros incluíu un boleto do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella e unha mochila que contiña auga, unha barriña enerxética e panfletos con recomendacións saudables.



Ao remate pinchada a veira do río e sorteo de agasallos doados polos establecementos colaboradores, que foron: Librería Murciego, Autoescuela Valdeorras, Seguros Catalana Occidente Nieves Rodríguez Voces, Bicis e Deportes Chapi, Tri-Sport O Barco e A Rúa e Ton y Son. Ademais o complexo hostaleiro Paladium participou cunha estancia dunha noite no seu hotel, e restaurante El manjar cunha cea, tamén para dúas persoas.



Non é a primeira actividade que realizan desde Cruz Vermella do Barco para recadar fondos para a oenegué con motivo do Sorteo do Ouro. O pasado 7 de xuño organizaron, na praza Maior do Barco, unha clase de zumba na que participaron máis de 100personas earecadación andivo ao redor dos 2.00 euros.

Sorteo do Ouro

O Sorteo de Ouro de Cruz Vermella realízase no mes de xullo. O primeiro premio do Sorteo de Ouro da Cruz Vermella 2019 é de 3 millóns de euros en ouro. Ademais repártense un segundo premio de 1 millón de Euros en ouro, un terceiro premio 500.000€ en ouro, un cuarto premio 250.000€, un quinto premio 100.000€ e moitos máis premios de Euros ou o seu equivalente en ouro. Adicionalmente podes participar no sorteo de 3 viaxes solidarias para 2 persoas. O prezo do Cupón do Sorteo Extraordinario de Cruz Vermella 2019 é de 5€.


Máis de 150 participantes na andaina solidaria de Cruz Vermella no Barco