martes. 24.06.2025
O Barco

Chapuzón e moita expectación no Madrugón do Barco

O día festivo do Cristo no Barco comezou esta mañá co xa tradicional Madrugón, un chapuzón no Sil no que participaron preto de cincuenta persoas. As oito da mañá e cunha temperatura de arredor de 15 grados, os veciños cumpriron co estipulado lanzándose ó auga dende as proximidades da ponte de Viloira e baixando o río a nada ata o Malecón.

Ademais dos nadadores, o evento atraeu moita expectación ás proximidades do río, se ben non todo o mundo parecía estar recén levantado se non que a noite de troula semellaba terse prolongado ata o abrente. A tradición do Madrugón iniciouse hai vintecinco anos, segundo aseguraron onte en Onda Cero Valdeorras os participantes na tertulia especial sobre as festas do Cristo. O primeiro baño co romper do día teríase producido de forma espontánea en 1992.

Poden coñecer o resto da programación das festas na axenda de Somos Comarca.

Chapuzón e moita expectación no Madrugón do Barco