lunes. 05.06.2023
O Barco

Da Pontragha: «Cando sabes que lles está gustando, é unha satisfacción»

María da Pontragha é educadora e no seu tempo de ocio durante moitos anos estivo en contacto con xente maior. Pola súa profesión, e por ter tamén formación en antropoloxía, sempre estivo interesada «en recoller cousas da nosa cultura». «Pouco a pouco», conta, esa experiencia foille levando «a recoller historias de vida e a partir de ahí, empezar a labor de contalas», unha labor que non é nada fácil, sobre todo se debes compaxinala coa vida laboral.

Así, como ela mesma di, «intento contar contos a tempiños, cando vou podendo», convinando a súa vida diaria sen restarlle tempo as outras cousas. Nun deses tempiños, achegouse hoxe martes 26 de xuño ata O Barco, no marco do VI Ciclo De Perto, a contar os seus Contos do que non hai.

María conta que antes de saír a escea sempre templa os nervios, porque a pesares de coñecer as súas reaccións e saber se lles está ou non gustando o que escoita, é o respeto polo público que se achega a escoitala é o que move a súa actuación. A súa maoir satifacción, «cando consigues o click que che di que lles está gustando, eso é bárbaro», explica, e engade, que «aos cinco minutos de comezar xa notas se a enerxía flue ou non».

Comentarios
Da Pontragha: «Cando sabes que lles está gustando, é unha satisfacción»