sábado. 20.04.2024
O Barco

Os cativos barquenses rockearon con Pakolas

O autor Paco Cerdeira "Pakolas" deleitou aos cativos barquenses con un repaso de cancións con personaxes femeninas

Os nenos do Barco de Valdeorras puideron desfrutar na mañá deste xoves dun concerto moi especial, dentro do ciclo "Ler conta moito", neste caso a cargo de Paco Cerdeira que recordou cancións que fixo tanto con "A gramola Gominola" como ca súa personaxe "Pakolas".

Este espectáculo familiar os protagonistas das cancións e contos son o nenos, nenas, figuras inspiradoras que dan a coñecer dirferentes historias de superación da desigualdade, de loita polo respecto e a liberdade. De xeito divertido, e coma sempre a ritmo moi rockeiro, os cativos aprenderon a importancia de medrar e vivir na igualdade.

Cerceira destacou que se debe loitar pola igualdade e concienciar. «Eu era machista ata fai uns anos, non intencionadamente, pero así era a educación, non había unha concienciación no seu momento. Son unha persoa que está reeducándose e pensando un pouco en femenino sobretodo dende fai 2 anos que naceu a miña filla».

Todos os asistentes tiveron que empregar máscara e gardar a distancia de seguridade.

O vindeiro luns tamén na Praza Andrés de Prada chegará o turno de David Méndez con “A óptica das ilusións” nun espectáculo destinado para os cativos, nunha actividade donde se experimenta a maxia e a maravilla dos enganos visuais combinando diferentes ilusións que reciben os ollos e chega ao cerebro dando como resultado a admiración e o asombro. Un espectáculo moi visual e participativo para todos os públicos.

Os cativos barquenses rockearon con Pakolas