jueves. 28.03.2024
O Barco

O Botelo deixou moi bo sabor de boca en mais de 1000 comensais

O pai de todos os botelos reuniu no pavillón de Calabagueiros a  1.150  persoas o 20 de xaneiro. Botelo con patacas cocidas e repolo, bica, torta de roxóns, café e licores, foron o que se levaron a boca os comensais que participaron nesta festa gastronómica que acada este ano a décimo oitava edición.

Despois da comilonada a baixar o bandullo no baile que tivo lugar na praza  Andrés de Prada ou nos bares onde se entoaron os cantos de taberna. Os grupos participantes nestes cantos foron: Centro Galicia de Ponferrada, Os palletas de Quiroga, Píngalle O Moco e Corenta Chinco Bois da Pobra de Brollón, Macizas Centrais da Pobra de Trives e Pándega de Valdeorras.

Pero a Festa do Botelo non rematou hoxe xa que este saboroso manxar viaxará a terras de A Coruña ou Vigo para seguir nestas cidades coas súas respectivas festas gastronómicas.

 

O Botelo deixou moi bo sabor de boca en mais de 1000 comensais