lunes. 05.06.2023
Manzaneda

Amable Basalo é o primeiro alcalde socialista electo no Concello de Manzaneda

O novo alcalde

asegurou: «Vamos a traballar duramente por, e para todos»

Manzaneda foi o Concello que máis cedo celebrou o pleno de constitución da corporación municipal. Ás 9:00 horas con puntualidade xermánica constituíase a Mesa de Idade presidida por Vanessa Dominga Rodríguez do PSdG-PSOE.

Momento da votación onde os concelleiros socialistas levantan a mau a favor de Amable

Un pleno cordial no que saíu elixido Amable Fernández Basalo, do PSdG-PSOE, con 3 votos a favor; 2 en contra, do PP e 2 abstencións, de Son de Manzaneda. A anécdota chegou no momento da primeira votación cando a interventora proclamou a Amable como alcalde sen os votos do PP. Y é que, presentáronse dúas candidaturas a de Félix Domínguez y a de Amable, unha tivo 2 votos a favor y a outra 3 co cal, coma a lista máis votada era a do concelleiro do PSOE, proclamou directamente a este como alcalde. Na segunda votación saíron ben as contas.

Vídeo onde se pode ver o pequeno erro cometido nas votacións:

O novo alcalde, Amable Fernández Basalo deu, en primeiro lugar a benvida a todos os concelleiros, en especial aos novos a quen lles desexou que «desfrutedes da experiencia e que sexa proveitosa para todos». Tamén agradeceu os compañeiros de partido o seu apoio durante a campaña e a familia. Un agradecemento especial ao alcalde saínte , Félix Domínguez de quen subliñou a «transición exemplar, a verdade e que hai que tomar nota desas cousas. As diferenzas hai que aparcalas polo ben do concello». Resaltou que «hai que traballar duro. Non se van a facer grandes obras se non é con axuda exterior». Avogou por manter e mellorar todas as infraestruturas que ten na actualidade o concello entre as que destacou as estradas e camiños rurais, así coma o pavillón, piscinas e residencia de anciáns.

Amable fotografiándose coa súa familia tralo pleno

Amable Fernández

xa foi concelleiro de Manzaneda en dúas ocasións anteriores. Desde o ano 2007 a

2011, na seguinte lexislatura non foi concelleiro xa que o PSdG-PSOE «só obtivo

un concelleiro que foi Herminio Cereijo». Na lexislatura que ven de rematar

tamén integrou a corporación. Agradece a colaboración de Félix, alcalde saínte

«estoulle agradecido, a verdade e que nos coñecemos de toda á vida, pero podería

coller e deixar aí as cousas e que tivera sorte, pero no». Asegura que teñen

planes abertos e que, a súa colaboración vai ser imprescindible para «cousas

importantes».

Félix Domínguez abandona o pleno despois de felicitar o nono alcalde

Referente a gobernabilidade,

Amable ten moi claro que necesitará o apoio dos de Son para sacar os temas

adiante. «Non me propuxeron nin entrar no goberno, preferiron absterse de

momento, pero o largo  destes catro anos

as cousas van a cambiar e teremos que apoiarnos.  Na primeira lexislatura nos tamén os

apoiamos», aclara.

Vídeo do discurso de Amable Fernández:

Miguel Bautista presente no pleno de constitución abraza o seu compañeiro de partido

Comentarios
Amable Basalo é o primeiro alcalde socialista electo no Concello de Manzaneda