jueves. 28.03.2024
Larouco

«Cociñando a serra de Larouco» termina hoxe a súa primeira quenda

Gerson Iglesias, o chef asistente co primeiro grupo de alumnos destacou a calidade dos productos da zona empregados

«Cociñando a serra de Larouco» remata hoxe a primeira quenda de alumnos que acoden para aprender novos pratos de cociña, innovadores e con productos tanto da zona de Valdeorras como de Terras de Trives, paraxes nos que está encravado a localidade de Larouco.

Nos primeiros días os participantes -en horario de 16:30 a 20:30 horas- realizaron a parte chamada «Cociñando tradición, cociñando a nosa comarca», na que fixeron 4 receiras, empanada de shiitake de Trives con fariña de castaña amarelante, Faba loba con cogumelos, filloas recheas de castañas amarelante e pesegos ao viño da DO Valdeorras.

Gerson Iglesias, colaborador do programa da TVG, Come a Comarca, e con experiencia en locais gastronómicos de Vigo e Ourense con case 20 anos de experiencia no sector foi o encargado de dar as clases ao grupo de 15 alumnos que encheron o cupo de prazas para facer o curso no Restaurante Centro de Larouco.

«Neste entorno, con esta xente marabillosa, con estes produtos, é imposible que salga mal, creo que estou desfrutando eu más que eles» subliñou Iglesias, quen tamén destacou que lle gusta que os alumnos participen a hora de realizar os diferentes pratos.

A segunda quenda chegará os días 27, 28 e 29 de xullo co mesmo horario, e as receitas serán as seguintes:

  • Botelo ao sal envolto en follas de vides.
  • Arroz ao viño tinto con shiitake de Trives.
  • Brownie de faba loba.
  • Requeixo de faba loba.

Para esta segunda semana xa non quedan prazas dispoñibles, a pesares de que os participantes na primeira quenda intentaran repetir. A presenza de Anxo Trives está en dúbida, el ía a estar presente na primeira semana, pero finalmente non acudiu debido ao positivo en Covid-19 detectado en Trives: «Cabeciña ten moita, responsabilidade non lle falta, el estaría encantado de estar aquí pero non foi posible» destacou Gerson Iglesias.

«Cociñando a serra de Larouco» termina hoxe a súa primeira quenda