A Mostra do Aceite de Quiroga celebrouse o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló. A recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga foron os puntos centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia.
A novidade desta edición foi a degustación comentada dos aceites de Quiroga na Capela das Farrapas, por Julio Quiroga. Celebrouse en dúas quendas, unha ás doce do mediodía e a outra a unha.
Non faltou a música tradicional nesta xornada a cargp do grupo de gaitas de Quiroga, “O Recanto”, de do grupo “Merenzao”. Sete foron os olivicultores que participarán na XXIV Mostra do Aceite de Quiroga: Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento.