Rubiá celebrou unha master class de zumba para conmemorar o Día da Muller. Laura Iglesias, concelleira de cultura, subliñaba que «hai xente de Rubiá e do Barco. Somos cerca de 60 persoas entre nenos, nenas e mulleres para celebrar así o Día da Muller. Como o día 8 cuadra pola semana decidimos facelo hoxe sábado para que haxa máis ambiente».
A master class durou unha hora e logo houbo un agasallo que doou o concello a cada unha das que asistiron este evento.