Neste domingo 6 de novembro, celebrouse no Barco de Valdeorras a décimo cuarta edición da Carreira dos Santiños. Recupera a súa data habitual despois da pandemia.
O Club Adas Cupa, en colaboración co Concello do Barco e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Valdeorras organizou esta carreira popular, aberta para atletas federados e non federados.