Baixo o nome de Segredos de Valdeorras, a Oficina de Turismo da Rúa, realizou unha camiñada cultural polas terras de Larouco. Os lagares rupestres atopados recentemente e o asentamento castrexo do Castrillón foron os protagonistas.
José Fernández, presidente da sección de arqueoloxía do IEV e Luis Carrón e Soledad Figueroa da oficina de turismo ruesa foron os encargados de «descubrir os segredos».