No colexio Ramón Otero Pedrayo de Viloira están a promover os hábitos saudables entre a comunidade educativa. Por ese motivo, este mércores, ás 9,30 horas, pais, nais, profesores e alumnado montaron nas súas bicicletas e percorreron O Barco.
Esta actividade enmárcase dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura. «O cole ten o sello vida saludable do ministerio de Educación », informan desde o centro educativo.
Fixeron un percorrido circular saíndo cara O Barco. Pola Rua Real chegaron ao Malecón e despois voltaron pola Raña. Participaron nenos e nenas a partir dos 3 anos, acompañados por familiares: pais, nais, irmáns...
Ao remate unha «merendola para repoñer forzas e ter unha mañá diferente e saudable, con bicicletada, xogos, risas e, merenda.
Desde o Ramón Otero Pedrayo de Viloira agradecen a colaboración da Policía Local, Cruz Vermella e GES de Valdeorras.
Fotos cedidas