lunes. 16.06.2025
EMPRESA

"Noite Branca" no Barco

Baixo o lema "Divírtete paseando e mercando nunha noite diferente" O Barco Aberto Centro Comercial celebra o venres 17 de xuño, de 20 a 24 h, unha velada donde haberá descontos, espectáculos nas rúas, animación musical, degustacións gastronómicas e moito mais.

Cunha decoración especial na que os globos e o branco son os protagonistas os establecementos Crash, Azul y Rosa, Zapateria Palpié, Super Onda, Boutique Glory, Mercería Carmiña, Miranda X, Margot Peluquería, D´Chus, Deportes Tri-Sport, Ana de la Puente Perfumería y Estética, Zapatería Step Up, Miranda M, Ana Optica,  Can-Can, Perfumería Pamen, Mis Personajes, Laurarte, Flores Snat, Mhussk, Pizpireta, Garoba, Depidel, Librería Murciego, Boutique Suá, Estética Rocío Carracedo, Moral Zapatería, Bar A Cova, Vinum, Divino Paseo, 13/14, Tapería Al Natural, Pilardos e Confecciones Elena, agasallarán os clientes con descontos do 20% en toda a roupa de tempada e moitas sorpresas.

A animación, espectáculo e música polas rúas estará a cargo de Troula Animación e Celtas Largos, na praza do Concello a partir das sete da tarde, DJ Ton y Son na rúa Abdón Blanco, tamén as sete e o grupo Son D´Vigo no paseo do Malecón a partir das 23:30 h.

Nos establecementos de hostalaría participantes haberá unha zona de descanso donde se poderá degustar paella.

 

Noite Branca, unha nova iniciativa do Barco Centro Comercial Aberto para potenciar as ventas e o comercio local.

"Noite Branca" no Barco