A composición da foto de familia que servirá de fondo para o cartel de Nadal da Asociación de Empresarios de Valdeorras —AEVA—, e o Centro Comercial Aberto de O Barco, reuniu na praza do Concello barquense a case que medio cento de veciños e veciñas que quixeron formar parte da iniciativa. Pais e nais cós seus meniños, cans coc donos e xente que pasaba a nese momento pola rúa serán as que feliciten finalmente o Nadal aos valdeorreses desde as dúas asociacións empresariais.
Ataviados con disfraces de Nadal —Papá Noeis, elfos, renos ou cintas vermellas—, os participantes pasaron un rato distendido e divertido que foi premiado polos organizadores cun chocolate quentiño na churreira , La General preto do Concello vello. Tres pulseiras Fitness Xiaomi Mi Band que foron sorteadas entre os presentes, incluíronse nos outros agasallos.
A campaña de Nadal deste ano, de novo contará coa colaboración do Consello Regulador da DO Valdeorras. Recordar que se seguen recollendo corchos de botellas para elaborar os adornos de nadal para as tendas asociadas ás dúas entidades locais. Pódense levar a calquera establecemento comercial que pertenza a calquera das dúas asociacións ou a súa sede sita en rúa España, 1 do Barco.