O Festival de Panxoliñas encheu a Igrexa de Santa Rita

 

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]Como cada ano o Festival de Panxoliñas foi todo un éxito e un público entregado brindoulle os seus mellores aplausos aos intérpretes.

Nun concerto onde actuou primeiro o Orfeón Valdeorrés con Jose Ramón Mansilla aos mandos, estes interpretaron temas púramente de Nadal. Despois chegou o turno da Banda de Música Municipal do Barco, esta en cambio tocou pezas que xa son tradicionais nos seus concertos como "De Granada a Daimiel" ou a banda sonora orixinal da película "Gladiator".

Ademáis o Orfeón Valdeorrés está moi preto do seu 40 aniversario, e foi unha das partes do discurso de apertura do acto onde se recordou que a agrupación actuou incluso fora de España.

Dende a organización quísose agradecer a colaboración da parroquia de Santa Rita a hora de ceder o templo para a realización da actuación.

Con este concerto ambas asociación pechan o calendario de concertos do 2018.[/double_paragraph] [/row]