O Casino do Barco acolleu a presentación dunha exposición e un libro
O pintor Miguel Ángel Coello e o escritor Avelino Jácome foron os protagonistas
As pinturas de Miguel Ángel Martínez Coello xa forman parte das moitas exposicións levadas a cabo no edificio do Casino do Barco xa que este venres inaugurou a exposición cun acto que incluíu a presentación do libro "Andrómenas e outros contos" grazas ao Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV).
Os lienzos do ourensán -tamén adícase a escultura e escritura- amosan diferentes escenarios para o visitante, dende obras onde amósase o traballo dos antigos labregos ata as famosas "Dos Marías" de Santiago de Compostela e que actualmente contan cunha estatua nun dos puntos máis coñecidos da cidade compostelá como é a Alameda.
Por outra banda o escritor Jácome presentou o seu libro ante os asistentes, un relato que escribiu xunto a Manuel Blanco e onde contan os relatos da inmigración que ambos sufriron no caso do primeiro durante a súa infancia. Neste libro mézclase tanto o galego coma o castelán nun símbolo da pérdida do contacto da inmigración co idioma.
Segundo o autor presente no acto no Barco todos os galegos pódense ver representados neste libro, tanto dos que partiron cara outros lugares coma os que quedaron na súa terra.