Cristina Verbena divertiu aos barquenses no ciclo De Perto
Cristina Verbena realizou unha actuación con toques de humor e tamén tradicionas a través de diversos contos
A novena edición do ciclo De Perto recibiu a visita da artista aragonesa de adopción e albaceteña de nacemento, Cristina Verbena. Esta narradora zaragozana destacou polo seu papel nunha actuación que é única alá por donde vai.
Con moito humor e tradicion oral de Aragón comezou o espectáculo a artista. Tamén houbo lugar para a improvisación no seu paso pola comarca, zona que visitaba por primeira vez na súa vida. Todo para que a función fora especial.
O público disfrutou durante a función, as risas e os aplausos foron unha constante. Hai que recordar que Verbena cree que a cultura é unha necesidade básica, sendo os pobos os que fixeron posible que todo o que engloba a este sector poidera continuar tras apostar por eles dende o fin da primeira onda da Covid-19 no verán do 2020.
Este vindeiro venres regresan as actuacións do Bierzo co espectáculo de narración oral de Javier Vecino.