[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]
Outro ano máis 300 comensais déronse cita no Campo de San Roque, na Rúa Vella, para asistir a unha nova edición da “Festa da empanada de Costrelas”.
A festa, que suma xa 17 edicións, demostra ano tras ano que goza de moi boa saúde e por iso nesta edición volveu a colgar o cartel de completo nunha festa que pouca xente quere perderse. Ademáis o tempo acompañou ao evento, as choivas deixaron de facer presenza na comarca e a calor apareceu para acompañar nun bo día de festa.
O menú estivo composto de sopa de allo, empanada de costrelas -o prato estrela da festa-e torta de roxóns, todo iso acompañado de viño, café e licores. Tras a comida os asistentes puideron facer a dixestión ao ritmo da discoteca Danzalia.
Esta festa supón o último evento gastronómico da comarca antes de que remate o ano 2018.