sábado. 20.04.2024
Breves

O Rally das Terras do Incio chegou á vila do Castro

Trinta coches clásicos de diferentes escuderías luciron espléndidos no Pazo do Castro

O xoves 4 de xullo os amantes dos automóbiles en Valdeorras estiveron de sorte. Todo o que quixera, puido achegarse ao Pazo do Castro para disfrutar da VII edición do Rally das Terras do Incio.



Neste Rally, que comezaba o día 3 de xullo en Astorga, participan 30 coches, todos eles clásicos, entre os que atopamos escuderías coma Porsche, Jaguar ou Maserati. Todos os vehículos proceden de España e dos dous paises limítrofes, Francia e Portugal. A ruta seguida pola carabana recorrerá distintos puntos la xeografía galega como Vigo, Santiago de Compostela ou Pontevedra.

Fotos cedidas

O Rally das Terras do Incio chegou á vila do Castro