viernes. 29.03.2024
Audio

Julio Vázquez: «Quiroga está funcionando, está de moda»

A XXVIII Mostra do Mel e a «Feira do Ano» encheron as rúas de Quiroga de xente desde primeiras horas da mañá

A rúa Real era un fervedoiro de xente de principio a fin, ademáis de celebrarse a Mostra do Mel algo tamén tivo que ver esa feira do ano. Segundo nos dixo o seu alcalde, Julio Vázquez na vila hai dúas feiras, unha o 10 de agosto e a outra o 27 de decembro. «Esta, e a do 27, son as feiras do ano porque é a que cando ven a xente da diáspora, os familiares...», subliñaba o alcalde.



Respecto ó mel e a súa festividade, encadrada dentro das Festas de Verán, Julio Álvarez destacou que: «A única cooperativa en Galicia que se dedica a comercialización de mel está en Quiroga». Hai 22 apicultores asociados con instalacións propias, dos cales 8 estiveron presentes na mostra: Manuel Rodríguez (Centeais), Pedro Soto (Ibedo), Manuel Macía (Quiroga), Manuel Macía (As Estradas), Iria Carballedo (San Vitorio),  Ángel Gómez (Paradapiñol), Isabel Marcos (A Ponte Rodela) e Rubén Figueroa (Sequeiros).



Nas casetas ademais de mel —que se podía catar e tomar—, había aceite da terra e tamén xoguetes tradicionais, marmeladas, licores e mesmo doces artesáns.

Na produción de mel de alta calidade ten moito que ver a situación xeográfica da comarca de Quiroga como relataba o alcalde, «en menos de 20 minutos pasamos do clima mediterráneo  do val ao oceánico do Pío Páxaro, un dos teitos de Galicia e  que se atopa no noso Concello». «As abellas que son moi traballadoras sen moverse do municipio teñen unha flora tan bario pinta que dan a mel especial que hai en Quiroga», recalcou.



Tamén hai que recalcar que, o xantar e moi importante nestas terras de Quiroga. A xente come  pulpo, carne ó caldeiro ou a grella, segundo lle apeteza, pero o certo é que, comen na capitalidade do municipio neste día. «Agora non hai gando pero si mercado e por suposto pulpeiras, unha en cada bar e, son trece», recalcaba o alcalde.

Se queres escoitar a conversa con Julio Álvarez, alcalde de Quiroga fai click na seguinte ligazón:

Julio Ávarez tamén invitou ós ouvintes a concentración de motos «A Curuxa» e o desfile de romanos «Qui-roma» que se celebran este mes de agosto no seu concello.

Valorou moi positivamente a Festa do Emigrante que tivo lugar onte, na cal se reuniron en torno a unha paella máis de 500 persoas.

Hoxe pola noite actuación da gaiteira Susana Seivane e discoteca móbil até altas horas da madrugada.

Mañá sigue a festa co concerto da Banda de Chantada, festa e verbena co grupo Nazaret e Limón.

Fotos da inauguración da Mostra cedidas por Carlos Julio.

Fotos Sonia Rodríguez.

Julio Vázquez: «Quiroga está funcionando, está de moda»