miércoles. 18.06.2025
A Rúa

A cara mais ecolóxica da festa, A Volta

O pasado día 20 de Agosto en torno as sete da tarde comezaba a trixésimo sesta edición da Ruta ecolóxica. En torno a 150 ciclistas ataviados con seus mellores difraces percorrían as rúas da Rúa de Valdeorras para concienciar a poboación do uso da bicicleta. A máis pequena de todos os participantes este ano foi Icía, que con só 5 meseciños completou a ruta no carriño empurrado pola súa mamá, Cecilia.

A ruta comezou na praza César Conti, estivo amenizada pola charranga Terras do Bibei e rematou no campo da festa ó son da charanga tamén. Durante o percorrido os participantes, con moito humor, eran vitoreados pola xente que contemplaba os deportistas pasar.

No remate da ruta entregáronse premios á comparsa mais orixinal, Eric y sus enfermeras, á máis numerosa, Brigada Fernández and Company, á mellor comparsa, Natación Sincronizada, á segunda mellor comparsa, As Pitas de Guinea e un premio especial ós Caracois. Tamén se entregaron dez medallas para os dez rapaces máis cativos da ruta.

Outro ano máis esta ruta foi todo un éxito.

A cara mais ecolóxica da festa, A Volta