martes. 17.06.2025
A Rúa

A Rúa gañoulle o pulso a choiva

A Rúa botoulle un pulso a choiva e gañouno. As 16:30 o ceo rués presentábase moi negro e ata comezou a caer auga pero os integrantes da comparsas deron un paso adiante e o desfile deu comezo.

[df-caption title="A Montaña Rusa" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_arua_entrido_2017_02_28-18.jpg"]

Desde a Cooperativa ate a rúa doutor Vila, onde se atopaba o xurado formado pola alcaldesa María González Albert e o concelleiro de deportes Avelino Seco, pasando por Campogrande e Progreso as comparsas desfilaron sen medo a choiva.

[df-caption title="Xurado rués" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_arua_entrido_2017_02_28-45.jpg"]

Trece foron as comparsas participantes, o Folión de Petín, a Montaña Rusa, os rapaces de 4º da ESO do IES Cosme López, Os Pingüíns, Os Contos dos nenos do Manuel Respino, As Chamas de Ruada, Os Arrieiros, o Folión de Buxán, os rapaces Roqueiros de 1º e 2º de BACH do Cosme López, eu quer ira as Bolas, Pop Corn Salgadas, Pop Corn Doces, Baixo a Mar e A Mi la Legión.

[df-caption title="Baixo o Mar" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_arua_entrido_2017_02_28-40.jpg"]

Música , coreografías e danzas das comparsas participantes para un público entregado que estivo en todo o recorrido. A comparsa “Baixo o Mar” coas sereas, cangrexos, medusas, cabalos mariños, estreliñas de mar e mais especies mariñas encheron de cor o desfile. Os lexionarios coa cabra o tanque e a posta en escena impresionaron o público.

[df-caption title="Rapaces do Manuel Respino" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/02/somoscomarca_arua_entrido_2017_02_28-25.jpg"]

Os contos dos rapaces do Manuel Respino fixeron rememorar moitas historias, a Raiña de Corazóns, Drácula, os Picapedra, o Espantallo, o mago de Oz; moitos persoaxes nunha gran comparsa.

A montaña rusa, as pombas de millo doces e salgadas o carro de doce as bolas, trasladaban os espectadores a unha festa das do verán.

Polo medio a choiva que non poido cos participantes e o seu bo ánimo.

A Rúa gañoulle o pulso a choiva