Baixo un sol de xustiza e o calor propio da época, celebrouse o 6 de agosto a I Travesía a Nado Encoro de San Martiño. Ilona Maille foi a primeira en recorrer os 2.250 metros que separaban a saída, situada na zona de baño de Petín, A Pena, do embarcadoiro do Aguillón da Rúa.
Case media ducia de nadadores tomaron a saída, con un pouco de retraso sobre a hora prevista nesta travesía, na que a gañadora impuxo un forte ritmo desde o comezo. Trinta e un minutos foi o que tardou en facer Maille o traxecto, detrás dela chegaron Pablo Israel Rodríguez, do ADAS Swiming do Barco, e Paco González Marcos.
Esta travesía, enmarcada dentro das actividades deportivas das Festas de Verán, tivo dúas modalidades, unha curta de 280 metros, que ía pola ribeira do Sil bordeando o Malecón rués e outra larga de 2.250 metros que saía do lugar da Pena, en Petín, para baixar polo encoro ate o Muiño do Ramoné, e volta río arriba para chegar o embarcadoiro do Aguillón. O tramo máis complicado foi entre a ponte nova e a vella, xa que a corrente aquí faise notar.
Na clasificación Feminina, Ilone Malle, subiu o máis alto do podio, o segundo posto acadouno a súa irmá Leticia, o terceiro posto foi para Ana Espinosa. Dentro da categoría Masculina, Pablo Israel acadou o primeiro lugar, Paco González o segundo e Baltasar García o terceiro.
Ao remate da proba houbo unha pinchada para todos os participantes, organizada pola concellería de deportes do Concello da Rúa e o ADAS Swiming do Barco.