martes. 16.04.2024
A Rúa

Herbolario El Olivo abre un novo establecemento na Rúa tras 29 ano no sector

Eduardo Rodríguez

Paradelo abriu un herbario na Rúa no que tamén estará ó fronte a súa filla

Noemí

Eduardo Rodríguez Paradelo, xerente de Herbolario El Olivo, é unha institución no sector da herboristería da comarca. Tras vinte nove ano desde que abrira o primeiro negocio no Barco agora faino na Rúa. «Temos moitos clientes da Rúa e queriamos darlle un mellor e máis cercano servizo», subliña o empresario.

O novo establecemento de herboristaría e consultas dietéticas está situado na rúa Miguel de Cervantes número 19, facendo esquina ca praza José Míguez Freire —praza do Concello— ó que da un gran escaparate onde se mostran a grande variedade de produtos existentes. Máis de 100 metros cadrados onde atopar complementos alimenticios e dietéticos, produtos ecolóxicos, alimentos baixos en calorías. Infusións, herbas e plantas medicinais, produtos de perfumaría, cosmética natural e artigos para a hixiene. Segundo Eduardo, os que visitaron Herbolarío El Olivo o día da inauguración aseguraban que «hai máis produtos que na tenda do Barco, pero non é así o que pasa que aquela é máis pequena e non se ve todo o que hai».



O establecemento da rúa Miguel de Cervantes estará atendido por Eduardo e Noemí —a súa filla— e, igual que no do Barco, asesorarán sobre o que tomar ou o que vai ben para as doenzas, relaxantes, anticatarrais, laxantes, articulacións, ou dixestivos. «Agora existen moitas intolerancias a moitos alimentos e na tenda intentamos ter o que nos demandan os clientes e se non conseguímolo en pouco tempo», aclara. O horario será de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00h. Os sábados abrirán de mañá.

Paradelo foi o primeiro que abriu un establecemento de herboristería na comarca.  «Había tendas que tiñan algo de produtos pero como herbario propiamente dito so estaba eu. Había menos produtos e menos clientela», recorda Eduardo dos seus comezos no sector.

Se queres escoitar a conversa que mantivo este medio con Eduardo Rodríguez Paradelo de Herbolario El Olivo, fai click na seguinte ligazón:

Herbolario El Olivo abre un novo establecemento na Rúa tras 29 ano no sector