viernes. 13.06.2025
A Rúa

Empanada de costrelas e cocido nas festas gastronómicas da comarca

A Festa da Empanada de Costrelas na Rúa Vella celebrou, o sábado 17 de decembro, a súa décimo quinta edición. Con cambio de data, xa que se celebraba o 26 de decembro día de San Estevo, esta edición contou con menos xente da habitual, hai que ter en conta que moitos dos asiduos eran estudantes e nestas datas non se atopan na comarca.

Nunha carpa instalada no campo de San Roque, os asistentes puideron degustar ademais de una saborosa empanada de costrelas, sopas de allo, torta de roxóns, viño, café e licores. Ao remate baile coa discomóvil Danzalia.

En San Lourenzo de Trives tamén se celebrou outra festa, a de Santa Lucía, nesta o protagonista foi o cocido.

Comezou o día con una misa na honra da santa, para seguir co baile na sesión vermout para facerlle ganas ó cocido no Pazo de San Lourenzo. Ao remate tamén houbo baile, nesta ocasión co duo Muralla.

Empanada de costrelas e cocido nas festas gastronómicas da comarca