sábado. 15.06.2024
A Rúa

A empanada de costrelas da Rúa segue gozando de boa saúde

300 comensais déronse cita no Campo de San Roque, na Rúa Vella, para asistir a unha nova edición da "Festa da empanada de Costrelas".

 

A festa, que suma xa 16 edicións, goza de moi boa saúde e por iso este ano tivo un novo récord no número de asistentes. Ademáis o tempo acompañou ao evento, as choivas deixaron de facer presenza na comarca e a calor apareceu para acompañar nun bo día de festa.

O menú estivo composto de sopa de allo, empanada de costrelas -o prato estrela da festa-e torta de roxóns, todo iso acompañado de viño, café e licores. Tras a comida os asistentes puideron facer a dixestión ao ritmo da discoteca Danzalia.

Esta festa supón o último evento gastronómico da comarca antes de que remate o ano 2017.

A empanada de costrelas da Rúa segue gozando de boa saúde