domingo. 15.06.2025
A Rúa

As cores do outono na comarca

Era tarde de ir os cogumelos e fun, pero a cousa non se deu ben. Xa se sabe que o outono non veu como tiña que vir. Moito calor e poucas choivas, poucas é algunha, porque o certo é que caeron catro gotas. Como a cesta ía valeira e proveitando que viña a miña nai comigo decidimos non desaproveitar a tarde de sol e irnos a recorrer os pobos, os que a diario, a miña nai, ía camiñando para ir a escola.

Eran outros tempos, non había presas, as cousas facíanse a medida que se podía. A miña nai recordaba como subía polo regato das Fontelas a Mones, a de nenos que había no pobo, a fonte, a igrexa…, pero o que mais lle gustaba era o chegar do outono. O val tinguido das cores dos viñedos, dos carballos ou das cerdeiras. O vermello das cepas de garnacha, o amarelo do godello, o ocre da mecía. Unha alfombra de cor tecida pola natureza.

Pero o outono tamén ten sombras, non é a mesma paisaxe a mañá cas névoas e o frío que a tarde co sol e as vivas cores.

Déixovos unas cantas fotos para que vos chegue toda a forza da cor do outono a través das imaxes. Mones, Sampayo, Outeiro, o encoro de San Martiño, Santa María. Moitos e bonitos pobos de Petín e incluso algúns das poboacións veciñas coma Roblido e A Rúa. Tamén están as das névoas que esta mañá non deixaban ver Viloira desde o Malecón do Barco.

As cores do outono na comarca