jueves. 12.06.2025
A Rúa

255 quilos de solidaridade na carreira e andaina da Rúa

A carreira e andaina do Nadal celebrada o domingo 18 de novembro na Rúa, aportou 255 quilos de alimentos non perecedeiros e 25 litros de leite, aceite e cava. Con menos participación que  no ano anterior, esta quinta edición da Carreira de Nadal reuniu, non obstante, mais quilos de alimentos que o pasado ano.

Organizada polo concello da Rúa, a Federación Galega de Atletismo e a Delegación de Atletismo en Valdeorras, esta carreira contou cá participación de mais de una centena de deportistas na andaina e a carreira absoluta e con mais de 170 nenos.

Na carreira absoluta os tres primeiros clasificados foron Alejo Ares, Marco Rodrígues e Hugo Sánchez do clube A.D.A.S barquense. En cuanto as féminas a primeira foi Iria Fernández Fontenla do ADAS, detrás entrou Susi Vázquez Merelles e en terceira posición Maribel  García Porto, tamén do ADAS. Na categoría juvenil-junior masculina, o primeiro en entrar a meta foi Luis Rodríguez Guijarro. Na categoría promesa senior o primeiro foi Tomás Frai Velázquez e segundo o local do Atletismo Rúa, Iván Dosantos, na femenina a primeira posición acadouna Pilar Rodríguez Trincado. Na categoría veteranos os primeiros foron David Pelaez, na masculina, e  Ana María Anta na femenina. Os cadetes primeiros clasificados foron Eros Álvarez e Inés Docampo.

Unha carreira sinxela para os deportistas participantes polo chairo do terreo que lles serviu de preparación  para as próximas carreiras. A próxima solidaria toca o próximo xoves no Barco, Carreira do Turrón.

255 quilos de solidaridade na carreira e andaina da Rúa