viernes. 19.04.2024
Actualidad

Campionato de golf rústico na Rúa con elevadas temperaturas

Unha ducia de deportistas participaron no décimo oitavo campionato de golf rústico que se celebrou na tarde do 4 de agosto, no campo de fútbol de herba, no Aguillón da Rúa. Un torneo rifado xa que Josiño e Rodicio quedaron empatados a 20 puntos, no desempate gañou Josiño. O terceiro posto foi para Miguel Quiroga. Na modalidade «Aproch» o campión foi Toño Mirria.

 

 

A actividade incluída dentro da programación das Festas de Verán,  comezou as 7 da tarde cando o termómetro marcaba temperaturas superiores aos 38 º. A intensa calor non fixo desistir a estes afeccionados ao golf a lanzar as pelotiñas para achegarse ao máximo á bandeira amarela seguindo as súas reglas.

 

 

A zona de xogo estivo situada no campo de fútbol vello. No medio do terreo hai dous círculos concéntricos e no centro unha bandeira amarela. Tal como nos informou Toño «Mirria», na competición existen dúas modalidades, tradicional e aproch.

 

 

No torneo tradicional os xogadores tiran desde nove puntos distintos do campo —esquinas de córner, porterías, centro do lateral—, para aproximarse o máximo posible a bandeira. Contan para elo con dúas tiradas. Se quedan no círculo exterior suman un punto e, se a pelota cae no interior, os puntos acadados son dous. O gañador é o que máis puntos reúna.

Na segunda modalidade, «Aproch», só hai un único lanzamento desde lonxe. O lugar desde onde se golpean as bolas está situado no embarcadoiro do Aguillón. O que se acerque máis a bandeira amarela é o campión.

 

 

Este torneo comezou hai 18 anos onde hoxe está o campo de herba artificial, na «chopera». Foron catro afeccionados o golf tradicional os impulsores deste xogo, Miguel Quiroga, Pablo Quiroga, Amancio Díaz e o propio Toño Mirria. Hoxe o club de golf rués conta con máis de 30 compoñentes.

 

 

Ao primeiro facían tres torneos ao ano, un nas festas de San Antonio de Fontei, outro nas de Verán da Rúa y outro nas do Santiago de Petín. Hoxe en día só se fai o da Rúa. Tamén antes había participación feminina pero, no torneo deste ano, a única muller que se vía era Sandra, a secretaria do club que anotaba todos os puntos das tiradas.

 

Fotos da entrega de trofeos cedidas.

Campionato de golf rústico na Rúa con elevadas temperaturas