O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, destacou a calidade das instalacións da estación de Montaña de Manzaneda
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na presentación das actividades que acollerá desde a próxima fin de semana a estación de montaña de Manzaneda para ofrecer este verán unha proposta alternativa de turismo activo e de natureza que axudará a desestacionalizar a oferta turística do complexo e atraer visitantes durante todo o ano e non só na tempada de neve na estación de esquí se non podendo atraer a visitantes durante todos os meses.
Ao acto tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o alcalde de Manzaneda, Amable Fernández, o alcalde en funcións de A Pobra de Trives, Miguel Sierra, e Albert Montaner, responsable de Artabria Turismo, a empresa que xestiona a estación de montaña.
Alfonso Rueda incidiu en que estas actividades e as que se vaian incorporando en venderías datas permitirán promocionar e posicionar Manzaneda como destino turístico en tódolos ámbitos. «Hai que aproveitar todas as posibilidades durante todo o ano. Os xestores van a ser capaces de atraer a toda a xente. Tursimo familiar, de deporte, aventura. Opcións que terán un desenvolvemento a partir de agora. Estas instalacións deben ser referente para toda Galicia» subliñou.
Engadiu que esta proposta adaptase perfectamente ao novo modelo de turismo sustentable polo que aposta a Xunta. É dicir, espazos abertos e en contacto coa natureza e un turismo tranquilo. Neste caso, ofrécese a opción de combinar a práctica deportiva ao aire libre coa actividade turística e desfrutar do aire libre.
Jose Luis Baltar, presidente da Deputación de Ourense falou sobre «unha instalación emblemática» que ten futuro e ademáis é unha potencia xa non só para a comarca, se non para toda a provincia de Ourense e tamén para Galicia. «Está chamada a ser a gran estación de ocio de Galicia. Temos que agradecer a Artabria Turismo que se puxeran a cargo e teñan un proxecto a medio-largo prazo de explotación para que se desexe que os visitantes veñan aquí».
Baltar recordou que a neve non pode ser a prioridade, se non que a estación debe ser atractiva todo o ano.
Albert Montaner, responsable de Artabria Turismo, destacou que nótase a unión porque Manzaneda salga adiante e sexa un bo sitio para visitar durante todo o ano. «Partimos con máis de 17 actividades deportivas para facer e cun sistema de precios moi atractivos. Fixemos uns pases diarios moi asequibles para ás familias» salientou engadindo que cada 2 semanas programarán novos eventos deportivos.
Esta fin de semana incorporaranse actividades como unha tirolina xigante de 250 metros, un parque multiaventura, xogos tradicionais, cintas slackline, circuítos de orientación e tiro con arco. Para desfrutar das paisaxes e o entorno natural que ofrece Manzaneda tamén se poderá usar o telesilla turístico ou realizar rutas de sendeirismo e marcha nórdica. A curto prazo prevese que se sumen a esta oferta o paintball e rutas a cabalo. Tamén se poderá facer uso das instalacións deportivas como a piscina ou o pavillón deportivo ou desfrutar do circuíto termal no spa.