Desfile de boteiros e folións petisco da Festa do Cabrito
O pavillón e unha carpa na área recreativa acolleron aos case 2000 comensais que se deron cita en Vilariño para dar conta do saboroso manxar
O Entroido de Vilariño de Conso celebrouse este Sábado Gordo cos boteiros e folións enchendo de cor e sons as rúas do Concello.
O folións de Vilariño, Praoalbar, do Val, Mormentelos, Carracedo da Serra, Bembibre, Buxán, Alternativo, Chaguazoso ou a Mourela para Acá, fixeron soar os bombos, gadañas, aixadas co son de cada quen- Este son e símbolo da súa identidade e non hai dous sons iguais.
Os boteiros axicaron aos centos de persoas que se amoreaban nas rúas e non deixaban pasar ao folión. Tamén fixeron soar as esquilas e repartiron algún pau coa «monca». Tamén bailaron e troularon, todo un espectáculo!
Ao remate do desfile no pavillón o una carpa segundo foras membro dalgún folión ou non unha copiosa comida onde o protagonista foi o cabrito estaba agardando. Ademais da saborosa carne tamén se comeu empanada, chourizo con cachelos e coma non a bica da panadería Guerra de Vilariño.
O de Vilariño é un Entroido que hai que vivir!
Fotos:Luis Pomar