Vilariño de Conso pon foco no 2024
Este ano, marcado de novo polas eleccións, volver ser un período de buscar melloras e axudar a que o pobo creza. Dende o Concello quéreno enfocar dende dous puntos de vista distintos.
Por unha banda, está a apertura da residencia de maiores que proporcionará uns 40 postos de traballo. Para isto, están a tentar facer formación para optar a eses cargos.
«Non temos aínda unha data exacta para a apertura. Seguimos traballando en pequenas cousas que faltan, sobre todo, burocráticas», explica Melisa.
Os principais perfís que se buscan para esta nova residencia son: auxiliares de enfermería, enfermeiros, persoal de cociña e atención sociosanitaria.
Doutra banda, non deixan o seu empeño de seguir coa rehabilitación de nova vivenda para así tentar seguir asentando poboación. De esta maneira tamén se ofrecerá un lugar onde vivir as persoas que comencen a traballar en Vilariño.
E, durante este novo ano, non se pode esquecer das infraestruturas. Polo tanto, seguirase coas obras de saneamento, abastecemento, pavimentación.