domingo. 01.06.2025

Os veciños de San Vicente piden axuda á canteira para que «nos reciban na Deputación»

Despois de 32 anos agardando polo arranxo da estrada, propóñense cortar o paso dende o próximo luns día 29 de xullo. Este é o primeiro aviso «para non ter que chegar a facelo»
somoscomarca_240724_sanvicente_carretera_vilamartin502
Os veciños de San Vicente piden axuda á canteira para que «nos reciban na Deputación».

Máis de 30 anos pasaron dende que os veciños de San Vicente (Vilamartín) piden un arranxo da estrada, un acceso ao pobo que supón «uns 100 metros, non máis». Unha vía que foi derruída e agora piden de volta. Segundo o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, «os veciños só piden un permiso da Deputación para facer unha vía de urxencia de acceso».

somoscomarca_240724_sanvicente_carretera_vilamartin497

Hoxe mércores día 24 plantáronse, de novo, cun obxectivo claro: conseguir que a canteira se una a eles «para que nos atendan na Deputación e consigamos ese permiso». Nese senso aclaran que, de non conseguir avances nos próximos días, «cortaremos o acceso por estrada dende o próximo luns día 29». 

Tras as reivindicacións dos veciños e veciñas afectadas, achegouse até o lugar para escoitalos un enxeñeiro da pizarrera CUPA, que acordou con eles «transmitir as peticións á dirección». 

Con todo, o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez, informaba de que «o Concello decidiu asumir a responsabilidade en caso de que a Deputación dera o permiso, pero estou dende marzo agardando para falar co presidente da Deputación». 

Os veciños de San Vicente piden axuda á canteira para que «nos reciban na Deputación»