Unha rúa de San Vicente e o pavillón do Bañadoiro xa levan o nome de Luis Nogueira

Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Cedidas Concello Vilamartín
Familiares, deportistas, veciños e amigos reuníronse no Bañadoiro para despois do descubrimento dunha placa subir camiñando ata o lugar co viu nacer, San Vicente, onde se descubriu unha estatua e se lle puxo o seu nome a unha rúa

Día emotivo para todos os que admiran e queren a Luís Nogueira. A primeira hora da mañá descubríase unha placa e un busto no pavillón do Bañadoiro, en Vilamartín, que desde ese mesmo momento leva o nome do atleta valdeorresés.

Na placa ademais do seu nome, Luís Nogueira Fernández e dos logros mundiais e records conseguidos como lanzador de xavelina unha inscrición, «mellor persoa». Así o certificaba a súa viúva, Ramona Iglesias, ao remate da homenaxe no pavillón, cando se lle preguntaba que lle parecía o acto. Despois de agradecer a honra que se lle estaba a facer fixo ela tamén unha pregunta: «¿Ti coñeces a alguén que che falase mal de Luís?», por suposto a resposta foi un no rotundo.

A súa irmá e ao sobriño e afillado de Luís correspondéronlle os honores de descubrir a placa e o busto realizado conxuntamente por Xelo de Tremiñá e Pablo Deramond, quen tamén realizaron a estatua en bronce e pizarra que se destaparía despois en San Vicente.

somoscomarca_20240824_luisnogueira_homenaje_escultura_placa (23)

Antes, unhas palabras do alcalde de Vilamartín nas que non faltou o eloxio a súa persoa e tamén aos logros como profesional e deportista. Logo tomou a palabra en nome da familia Miguel Ángel Nogueira, afillado e sobriño do homenaxeado, quen deu as gracias, un a un, a todos os que achegaron neste acto.

Tras o acto protocolario unha andaina na que participaron sobre unhas 100 persoas e que os levou a San Vicente pola ruta da Loba da Fada, onde de novo se lle fixo outra homenaxe. Descubriuse unha louxa que nomea unha das rúas da aldea e tamén a estatua situada nunha praza a poucos metros da casa de Luís.

Agradecementos e unhas verbas cantadas de Paco Campos que remataron cunha comida entre todos os que o querían e alí se atopaban.

Neste derradeiro ano foron varíos os recordos que se tiveron para Luís, destacar a exposición sobre o atleta de San Vicente de Leira que levou a súa vía e as súas paixóns por Vilamartín, O Barco ou A Rúa.