Os romeiros volven ao Robledo (Vilamartín) para celebrar o San Cosme

Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (3)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (4)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (5)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (1)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (2)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o San Cosme (6)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (7)
Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o Ssan Cosme (8)
Unhas vinte persoas participaron na subida ao Robledo, parroquia de Vilamartín, pola Ruta da Fada da Loba para cumplir co San Cosme, patrón da localidade

Ao redor de 20 persoas saíron pasadas as oito e media da mañá da praza de Vilamartín para percorrer os 8 quilómetros que separan a capitalidade do municipio desta parroquia vilamartinesa que hoxe, 25 de setembro celebra o San Cosme.

Inicialmente os romeiros subían ao Robledo pola ruta dos muíños —recibe este nome polos muíños que hai entre Cernego e O  Robledo—. Agora súbese pola Ruta da Loba da Fada,« unha ruta homologada que fa exactamente o mesmo camiño», aclara o alcalde de Vilamartín, Enrique Álvarez Barreiro, presente na saída.

Os Andarines de Arcos non faltaron á cita co Robledo e o San Cosme

Desde 2019 non se realizaba esta camiñada por mor da pandemia na que se botou de menos a moita xente que participaba antes. Oa Andarines de Arcos e os do Club Peña Trevinca non faltaron á cita, tampouco xente de Petín, A Rúa e como non, do concello vilamartinés.

Andaina desde Vilamartín ao Robledo onde se celebra o San Cosme 

O camiño sube desde Vilamartín a Cernego, logo baixa ao Bacelo —onde están os muíños— e desde alí súbese ao Robledo. «Uns oito quilómetros que poden ser duros para a xente que a fai a primeira vez ou non está acostumada», comenta o alcalde.

Andaina saíndo de Vilamartín ao Robledo onde se celebra o San Cosme (4)

Unha vez no Robledo os que queiran irán a misa e logo alí hai pulpo e carne o caldeiro para os que non leven a carabela. Iso si, a hora da sobremesa os doces compartiranse entre uns e outros. Non faltará un groliño de licor café ou unha aguadente de herbas para animar o xogo dos bolos, pero iso xa será á tardiña, «unha tradición moi arraigada no pueblo do Robledo»

«Naide vai pasar fame, nin sede no Robledo», rematou o alcalde.