viernes. 30.05.2025

Reforma na N-120 a altura de Vilamartín de Valdeorras

Despois de case 10 anos, os veciños de Vilamartín de Valdeorras poderán chegar á zona da Lastra a pé e de maneira segura
P_somoscomarca_231220_obras_n120_vilamartin
Fila de coches por mor do semáforo

«Levamos esperando que o Ministerio de Fomento empece estas obras case 10 anos», explica Enrique Álvarez, alcalde do Concello de Vilamartín de Valdeorras.

O que se pretende con esta mellora é que todos os veciños e veciñas de Vilamartín que queiran acudir A Lastra ou a zona da Cruz Roja, poidan facelo a pé cunha boa seguridade viaria.

O alcalde di: «De momento non van ser beirarrúas, vai ser un ampliación na propia calzada e a elevación da cuneta para que non supoña un perigo». 

Aproveitando esta reforma, aínda que non estea metido dentro deste proxecto, van tentar deixar colocadas as acometidas para poder engadir os cables de luz pública. «En esa zona hai un poste que ten luz, pero a maioría non», alerta Álvarez. 

Polo momento, aconséllase circular con precaución neste tramo, xa que hai unha zona sinalizada por un semáforo e toda a maquina necesaria para levar a cabo esta reforma. 

somoscomarca_231220_obras_n120_vilamartin
Semáforo nas obras da N-120

Reforma na N-120 a altura de Vilamartín de Valdeorras