lunes. 02.06.2025

A campaña #NonCamiñasSoa «ofrece ás mulleres peregrinas información de emerxencias»

Os datos están accesibles en albergues, oficinas de turismo, dependencias da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local, centros de saúde, farmacias e hospitais públicos

O Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, acollía este 12 de xullo a presentación da campaña "Non camiñas soa". Nesta rolda de prensa atopábase Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense; Enrique Álvarez, presidente da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno e alcalde de Vilamartín; Asunción Arias, presidenta da Asociación Camiño de Inverno por Valdeorras; José Benito Fernández, comandante; e María Alida Iglesias, responsable desta campaña. 

Esta iniciativa está deseñada polas Unidades de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller das Delegacións do Goberno en Galicia, Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela e León e Estremadura —comunidades polas que transcorren algúns dos Camiños—.

somoscomarca_240712_vilamartin_noncamiñassola (4)

Ofrece ás mulleres peregrinas toda a información de emerxencias e dos recursos das Forzas e Corpos de Seguridade aos que poden acudir nos diferentes roteiros que percorren Galicia ata chegar a Santiago.

Esta información está accesible en albergues, oficinas de turismo, dependencias da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Local, centros de saúde, farmacias e hospitais públicos. Inclúense datos como os números de teléfono aos que chamar —como o 016, 112, 062 e 091— e a aplicación do móbil Alertcops

somoscomarca_240712_vilamartin_noncamiñassola (2)

Durante a presentación de #NonCamiñasSoa, o subdelegado do Goberno lembrou que «as mulleres están a ser as protagonistas destas sendas de peregrinación e ano tras ano a súa presenza vai a máis. Representan xa o 53% das persoas que fan o Camiño, máis de 230.000 fixérono no último ano, e non dubidan en realizalo en moitas ocasións sen compañía».

O comandante José Benito Fernández Santamarina, explicou polo miúdo o plan deseñado pola Garda Civil. Asegurou que o «98% dos quilómetros do Camiño están dentro de este plan». De feito, fixo fincapé en que con esta campaña tamén se quere axudar aos colectivos que sexan máis vulnerables, como persoas con discapacidade, para que se sintan «seguros e acompañados».  

A campaña #NonCamiñasSoa «ofrece ás mulleres peregrinas información de emerxencias»