Os amigos do Filandón de Músicas do Caurel, desde hai 26 anos fan unha homenaxe a aquelas «persoas que se distinguen pola súa tradición ou transmiten os saberes do pasado. A Señora Isabel González Corredoira, de Arcos de Valdeorras é unha enciclopedia da vida», asegura José Luís Foxo, presidente da Real Banda da Deputación, un dos partícipes na homenaxe a esta muller de Arcos.
Foxo coñece a Isabel desde hai moitos anos, cando fixo unha recolleita dos cantares de Valdeorras e segundo el mesmo subliña «sorprendeume porque sabe de todo. Non sómente sabe cantar, que senón que sabe de todo». «É unha artista en manualidades, en historias, en experiencias da vida...», recalca.

O aprecio por Isabel no so foi dos organizadores do Fiandón ou do director da Real, senón tamén de familiares, veciños e amigos que acompañaron a Isabel no día da súa homenaxe.
Segundo o director a mulleres coma Isabel «hai que procurar mantelas no tempo porque son testemuñas únicas». Cantares de reis ou unha copla coma a que cantou na súa homenaxe é «patrimonio. Solo quedan unha ducia de persoas que poidan facer isto», engade. Respecto a recompilación de cancións sinala, «queriamos facer un cancioneiro de cada concello de Valdeorras e aínda que é un traballo longo o importante e que salgan as súas músicas e doutra xente que nos transmitiu saberes», conclúe Foxo.
Isabel González, forza e figura
Loitadora incansable e con moitas ganas de vivir, plantoulle cara á vida e como ela mesma sinala, «nunca jamás estoy triste, siempre estoy cantando».
«Nacín en Cortegada, Silleda. Viaxei a Carballino e de alí a Alemania, casei e viñen a Arcos, de onde era o meu marido. Logo no 69 fun a Suiza pero só estiven seis meses. Volvín pronto porque deixara cuatro fillos pequenicos».

Traballadora incansable considera o seu pobo de adopción coma seu. «Arcos é o meu país e veño a pasalo ben coa xente que quero». Como ela misma conta a Somos Comarca, «escribí dos libros y el tercero lo tengo a medias». O primeiro é unha biografía «desde que nacín hasta hoxe» e o segundo, ‘Los sueños del recuerdo’, «ten moitas cousas bonitas e outras un pouco máis feas. cuentos, leyendas, consejos, cosas así».

Coa homenaxe di sentirse «sobrenatural. No soy la Isabel de Arcos, soy la Isabel de todo el mundo», di sen pelos nas lingua.

«Pinto mandalas, paso libros, leo, porque non fun á escuela. Por desgracia sólo fun dos 6 aos 7 anos pero lía no manuscrito. A profesora queríame moito, regaloume unha enciclopedia pero solo lin dúas páxinas porque tiven que traballar», explica .

Nas súas frases hai unha mestura de ironía, poesía e realidade, nos quedámonos con: «En mi casa hay café, colacao y buen humor. Una huerta pequeña, pero llena de amor para mi, tengo de todo en mi huerta, menos dinero», defínena perfectamente.
A hora dos agasallos
É coma non hai homenaxe sen agasallos o primeiro en renderlle honores foi Aurelio Blanco Trincado que despois de dedicarlle unhas bonitas palabras a Isabel, cantoulle dúas cancións e regaloulle en nome da institución que preside un libro, coma boa lectora que é e unha boneca.
O presidente da Real, José Luís Foxo, fíxolle entrega da medalla da Real Banda da Deputación de Ourense.
Un dos organizadores do Filandón adicoulle un poema e logo él e Foxo tocaron unhas pezas con gaita e tamboril.
En nome da familia, a súa nora Gema Cebei fíxolle entrega dun pote de augardente para facer a queimada no que ademais se incluía un druída e o conxuro que Isabel sabía ao dedillo.
Pola parte Isabel agasallou a todos os presentes co seu máis prezado ben, a súa voz e interpretou unha romanza.