A «guerra das fontes» quédase nun escorregadoiro de auga
05 de agosto de 2022 (19:41 h.)
Por mor da seca que se está a pasar os coveiros decidiron substituír a guerra das fontes por un tobogán no que a auga estivo presente pero en cantidade moito menor.
A Asociación de Coveiros de Vilamartín decidiu cambiar a «guerra das fontes», por un escorregadoiro onde, aínda que había auga, non foi en moita cantidade. Ademais a auga tróuxose nun camión bomba desde o encoro.
Os rapaces que participaron estiveron fresquiños nunha praza na que o calor apretaba. Había que darlle un pouco de diversión aos máis pequenos sin malgastar o líquido elemento.
Comezaban así os prolegómenos da Festa das Covas que continuaran nesta xornada co pregón a cargo da coveira Silvia Rodríguez a partoir das 20:30 e logo a festa da Pequena.
Se queres escoitar a conversa que mantivemos con un membro da Asiciación de Coveiros, Vicente Frrer, dálle a seguinte ligazón e así enteraraste de todo o programa da Festa das Covas: